Share This Flow

MITOLOXIA CASTREXA

1 / 5

Share This Flow

Scan to view on mobile

Loading Flow

Cada vez que nace un deus, Ecoine, o cabalo branco, aparece desde as profundidades da noite -é lúa chea- e salta de monte en monte por todas as cimas da Terra.
Ecoine nunca pisa os camiños feitos polos homes, senon que atopa vieiros entre as nubes do alto. Son camiños que só ve el, camiños antigos da Primeira Idade. Leva os ollos sempre prendidos de furia, está desbocado, coma se o perseguisen os lobos, pero é el, pola contra, quen fai fuxir ás bestas salvaxes.
Cada vez que salta de cumio en cumio, a Terra enteira treme, e os seus pezuños estralan cun lóstrego fulgurante contra os penedos e se xunta co firmamento, e os ventos víranse tolos. Ao pousaren na pedra, as patas de Ecoine deixan a súa pegada gravada no granito por séculos.
Cada unha das pegadas do cabalo branco polos nosos montes vai marcando os pasos do nacemento dun deus.

eCOINE

Downloading Image /

Downloading Image /

Downloading Image /

Downloading Image /

Downloading Image /

  • 1

  • 2

  • 3

  • 4

  • 5

MITOLOXIA CASTREXA

By fragha

Os nosos deuses, mitoloxía da antiga Gallaecia, con textos de Manuel Gago, e ilustracións de Manel Cráneo

Made by the team behind FlowVella — meet Flow2, presentations built for the phone

MITOLOXIA CASTREXA

eCOINE

Cada vez que nace un deus, Ecoine, o cabalo branco, aparece desde as profundidades da noite -é lúa chea- e salta de monte en monte por todas as cimas da Terra. Ecoine nunca pisa os camiños feitos polos homes, senon que atopa vieiros entre as nubes do alto. Son camiños que só ve el, camiños antigos da Primeira Idade. Leva os ollos sempre prendidos de furia, está desbocado, coma se o perseguisen os lobos, pero é el, pola contra, quen fai fuxir ás bestas salvaxes. Cada vez que salta de cumio en cumio, a Terra enteira treme, e os seus pezuños estralan cun lóstrego fulgurante contra os penedos e se xunta co firmamento, e os ventos víranse tolos. Ao pousaren na pedra, as patas de Ecoine deixan a súa pegada gravada no granito por séculos. Cada unha das pegadas do cabalo branco polos nosos montes vai marcando os pasos do nacemento dun deus.

REUE

O gando enteiro pace aos pés de Reue, porque por onde pasa Reue os bustos medran espesos, enchidos de herba fresca, e nacen mananciais. Reue vive nas montañas. Camiña pola noite e dorme polo día, en escuras covas que cabou por toda a Terra. Estas furnas comunican todos os montes entre si, ata o punto de que Reue non precisa saír ao día, se non quere, para poder recorrer a Terra toda toda desde o mar ata os cumios nevados. Anda polas covas sen frío, a peito descuberto. E é tan alto que mediría tres cabalos postos uns por riba dos outros. Espido tamén se baña no océano á procura das grandes baleas que lle traen versos e noticias do norte. Cando os versos lle gustan, Reue guinda as baleas cos seus brazos polo aire ata os Mares do Sur, para aforrarlles o camiño húmido e proceloso baixo a auga.

BANDUA

Toda a terra era un campo de batalla no que os homes semellaban lebres. Xigantes e deuses combatían entre eles atravesando coma lóstregos cidades e aldeas. Reue pensou que non era xusto aquilo, e dun amor fugaz e escondido, con Agilie de Oenobriga, a dos cabelos coma un río de auga clara, enxendreu a Bandua. "Serás un caxatompara os pobos, coma un can pastor é cos becerros perdidos", díxolle Reue. Así que Bandua é coñecido como o amigo dos homes, o seu protector de cara aos grandes perigos do mundo, dos monstros, das pestes, dos deuses que perden o siso. Bandua estivo presente na fundación de cada un dos pobos, e por iso os homes de Bandua poñéndolle o alcume do seu castro.

COSSUE

Cossue é un guerreiro tan temible e tan salvaxe que vive lonxe de toda a xente. Tan solitaria é, tan bravo, vive nun acocho tan sombrío e duro, que a Cossue chámano o Oso do Candamio, e ten a propiedade de mudar nun terrible oso no combate e dotarse dunha furia imparable sen cansarse, pero tampouco sen piedade. Así,Cossue loita só, porque é como un río desbordado que non distingue entre amigos e inimigos. Cossue é o ser máis atormentado que existe; a súa fealdade é maior ca a do máis feo dos homes. É torto, de enorme cabeza, a súa boca ábrese coma un abismo, as súas mans son terribles gadoupas coa forza de tenaces. Cando se reclama a guerra, Cossue é chamado polos guerreiros, que tamén o temen.

NAUIA

No norte da Terra, en Irimia, un monte lene, acougado de pedras, alí contan que naceu Nauia. Desde aquela, Nauia móvese por todos os ríos do país e cando o día torna lusco fusco deixa esvarar a súa barca río abaixo ata afundirse nos Pozos Negros. Nauia é áxil e rápida entre os montes e os ríos. Non se pode escapar un dela con facilidade. Móvese máis rápido que os salmóns e as troitas, aínda que se mergulla vestida nos torrentes. Ve baixo a auga que corre nos invernos coma quen mira o mediodía nun prado. Ten dúas cornas cabo da fronte, e a forma dun salmón pintado nas costas.